SGAE

Confesións dun arrepentido

Socio da SGAE arrepentidoInquietante reflexión dun socio da SGAE arrepentido da súa pertenza a esta organización paralegal durante máis dunha década como autor de variados despropósitos artísticos e culturais. A súa declaración vén de ser publicada en algún medio galego de pouca difusión e rescatada para o portal de comunicación de masas de Arredemo. De acordo coas instruións do autor, mantemos o seu anonimato.

Recoñezo que hai en min a mesma esquizofrenia que se lle supón a calquera creador. Iso de imitar a deus así á calada metendo os dedos no teclado ou no piano para crear pequenos universos á nosa medida non pode ser unha condición doada de aturar. En realidade, un traballa co que lle dan, co material que outros xa traballaron e que deixaron aí a disposición de quen o queira usar previa prescrición do copyright e esas cousas. Así que crear vén sendo unha loita perpetua entre o teu ego e a cultura da que formas parte. “Copia e mellora” dicía Buster Keaton cando explicaba o segredo de crear gags.

Distribuir contido