Arquitectura

Entrevista apócrifa ao arquitecto Oscar Niemeyer

niemeyerDesexaría facer unha entrevista conxunta a Oscar Niemeyer e Isaac Díaz Pardo. Cismaba nela desde que vivín o mes de xullo na Pampulha, Belo Horizonte, a carón da Igrexa de San Francisco de Asís, desde que visitei o Sitio Burle-Marx no Rio de Janeiro, a facenda do paisaxista brasileiro colaborador de Niemeyer (e sobriño neto de Marx). Canto gozarían aquí Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo!.-Unha entrevista de Marilar Alexandre

Afinidades na orde estética e mais ética. Nos compromisos compartidos coas vangardas artísticas, coa esquerda. Nas biografías marcadas pola resistencia e o exilio. É a cor vermella a que define a Isaac e a Oscar. Ambolosdous contemplaron algunhas das súas empresas arrasadas, Módulo, a revista dirixida por Niemeyer, foi saqueada e fechada en 1964 pola dictadura militar; a ofensiva contra Díaz Pardo está en curso.

Unmonumental.

Pedro de LlanoEn que consiste facer arquitectura para a cultura? Esta é, por razón de sobra coñecida, unha das cuestións máis actuais en Galicia, aínda que tan recorrentemente coma mal formulada. Por isto quixera abordar o tema dende o punto de vista da arquitectura e a cultura, non dende o da presión mediática ou do dos intereses de partido -que, por desgraza, é o que rexe o debate no noso país-, e facelo apoiándome en algo tan remoto como pode ser o traballo de dúas creadoras de Xapón.-Un artigo de Pedro de Llano

Hai un mes escaso, o Bowery, unha área en torno á que sempre se moveu o mundo da contracultura neoiorquina, viviu o nacemento dun novo espazo para a arte e a cultura coa inauguración dunha exposición cun título tan suxestivo coma “unmonumental”, é dicir: non monumental, non maxestoso, non pretensioso.

Distribuir contido