Desexaría facer unha entrevista conxunta a Oscar Niemeyer e Isaac Díaz Pardo. Cismaba nela desde que vivín o mes de xullo na Pampulha, Belo Horizonte, a carón da Igrexa de San Francisco de Asís, desde que visitei o Sitio Burle-Marx no Rio de Janeiro, a facenda do paisaxista brasileiro colaborador de Niemeyer (e sobriño neto de Marx). Canto gozarían aquí Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo!.-Unha entrevista de Marilar Alexandre
Afinidades na orde estética e mais ética. Nos compromisos compartidos coas vangardas artísticas, coa esquerda. Nas biografías marcadas pola resistencia e o exilio. É a cor vermella a que define a Isaac e a Oscar. Ambolosdous contemplaron algunhas das súas empresas arrasadas, Módulo, a revista dirixida por Niemeyer, foi saqueada e fechada en 1964 pola dictadura militar; a ofensiva contra Díaz Pardo está en curso.


Planta de Gas de Reganosa ameaza Ría de Ferrol. Comité Cidadán de Emerxencia 













