Este domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela: Unha cita para berrar ben alto pola defensa do noso territorio e da nosa cultura. Unha cita para chamar a atención a unha clase política que non cambia as súas maneiras ao servizo dos intereses duns poucos e que independentemente da súa cor, continúa a darlle as costas á cidadanía.
Este domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela:
Contra as canteiras no Courel, contra a desfeita urbanística da costa, contra o plan acuícola, contra a instalación de industrias perigosas entre as casas dos veciños, a especulación, a desfeita. Contra as mentiras e a prepotencia propias do PP de toda a vida, e contra a decepción intolerable do goberno bipartito.
Este domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela:
- Porque Galiza ten que ser moito máis que un parque industrial ao servizo de grandes inversores.
- Porque Galiza non se pode gobernar sen nos ter en conta aos galegos e ás galegas.
- Porque Galiza é algo máis que un lugar para especular.
- Porque Galiza Non se Vende.


Planta de Gas de Reganosa ameaza Ría de Ferrol. Comité Cidadán de Emerxencia 












