...Porque chegou o momento da cidadanía. Porque as estruturas tradicionais de poder non só non están respostar ás agresións ao medio, senón que as promoven directamente, ben por desleixo ben por convicción.-Verdegaia
Porque a legalidade só é vixente para os menos poderosos; porque a cidadanía ten pechadas as portas da participación real na definición de que país queremos mentres que o lobby político económico campa pola administración ao seu capricho; porque rexeitamos un sistema económico depredador e insustentábel; porque queremos unha Galiza que sexa un referente en sustentabilidade ecolóxica e xustiza social, que non parasite outros territorios e pobos e que asuma que so somos usufrutuarios do territorio non só galego senón planetario, a penas caseiros e caseiras das xeracións futuras.


Planta de Gas de Reganosa ameaza Ría de Ferrol. Comité Cidadán de Emerxencia 












